13 de abril de 2011-
A exposición do fotógrafo Virxilio Viéitez, que se mostra no MARCO desde o pasado 22 de outubro, afronta a súa última semana, xa que se clausura o domingo 24 de abril.

Será, pois, a última oportunidade de percorrer unha mostra que tivo unha excelente acollida por parte do público, con cifras que superaron os 45.000 visitantes dende a súa inauguración a finais de outubro. Ao longo destes meses, diversas actividades paralelas —como a programación para escolares, a festa aniversario de novembro (con actividades específicas en torno a esta exposición), os obradoiros infantís de fin de semana, e as visitas guiadas— contribuíron á proximidade e difusión dun proxecto que supuxo un gran esforzo de produción, e que obtivo unha notable repercusión en medios.