YEE HAW- (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: La Banda de Otro

Xénero: novo circo

Autoría: La banda de otro

Dirección: La Banda de Otro e Francisco Torres

Escenografía: Elisabetta Cau

Deseño de son: Daniel Foncubierta Campano

Deseño de iluminación: Rafael Díaz Ramírez

Vestiario: María del Carmen Campano

Elenco artístico: Daniel Foncubierta Campano e Jose Alberto Foncubierta Campano

 

Yee-Haw é un berro de entusiasmo, unha expresión de ledicia, pura onomatopea da felicidade que nos achega ao vello Oeste... de Andalusiana.

Inmersos no universo musical inspirado no country, o ragtime e o bluegrass, “La banda de otro” ofrécenos un (des)concerto tan especial como cada un dos seus compoñentes. Un espectáculo de circo onde resulta imposible distinguir aos músicos dos malabaristas ou dos pallasos.

Coma se foran foraxidos andan case sempre tramando algún golpe, golpe que case sempre acaba recibindo algún deles. Contan as malas linguas que usarán todas as súas artes (que non son poucas) para roubar ao público as súas gargalladas e facelo cómplice da Banda. Directamente, sen rodeos... Pola súa captura non se ofrece unha boa recompensa económica, aínda que os que teñan a sorte de presenciar algunha das súas intervencións, serán recompensados cun bo puñado de acordes, varios lingotes de risas e algunha que outra recompensa.

Data: 
Dom (07/04/2019)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €