XIII FESTIVAL DE HABANERAS E POLIFONÍA – (AUDITORIO MAR DE VIGO)

Descripción: 

A Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) organiza a décimo terceira edición do Festival de Habaneras e Polifonía, en colaboración coa Concellería de Cultura, que se celebrará no Auditorio "Mar de Vigo" nos meses de febreiro, marzo e abril. No festival participarán corenta agrupacións corais, non só da cidade de Vigo, se non que contará coa presenza de grupos doutras vilas galegas, de Asturias e de Portugal.

Os concertos terán lugar ás 18:00 h, con entrada libre até completar o aforamento do recinto.

 

 

Data: 
Dom (07/04/2019)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Mar de Vigo
Organizador: 
ACOPOVI, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Libre até completar aforamento