Xesus López presenta a programación do Auditorio Municipal até fin de ano

12 de novembro de 2010-
O concelleiro de Cultura, Xesus
López, presentou onte a nova programación do Auditorio Municipal, que abarca a segunda quincena de novembro e o mes de decembro completo.
Trátase dunha programación “ampla, variada e para todos os públicos” que inclúe música, teatro infantil e para adultos, monólogos... O Festival Sinsal ou “Con T de Teatro” teñen tamén cabida neste novo recinto municipal, para o que se poden mercar entradas nas webs www.laboleteria.com (no caso das obras teatrais e monólogos) e www.servinova.com (no caso da actuación de Sinsal).