XADREZ – (BIBLIOTECA NEIRA VILAS)

Descripción: 

Realizaremos unha pequena charla onde falaremos dos beneficios do xadrez, o xogo-ciencia que potencia as capacidades intelectuais e fortalece os valores da persoa.

Despois organizamos un “Punto de xogo”, unha actividade lúdica para aprender xogando, repasar coñecementos e divertirse, xogar ao vivo partidas amistosas e con reloxo ou por internet, facer concursos de problemas ou retos educativos e diferentes xogos temáticos.

Martes 20 de agosto de 2019

Destinatarios: Público infantil maiores de 5 anos

Inscripción:Os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30h do 16 de xullo de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Data: 
Mar (20/08/2019)
Horarios: 
De 11.00h a 13.00 h
Lugar: 
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon 06 - Ajedrez.pdf87.6 KB