WINTER FLIES DE OLMO OMERZU – CINE CLUB LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Olmo Omerzu  

Guión: Petr Pýcha

Música: Simon Holy, Monika Midriakováe, Pawel Szamburski       

Fotografía: Lukás Milota

Duración: 84 minutos.

Nacionalidade: Checa

Ano: 2018

V.O.S.C.

 

2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE KARLOVY VARY

2018: PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESLOVENIA

 

SINOPSE

Un adolescente fabulador de gamberrismo rebelde e de fazañas sexuais, e outro, con calvario de mozo gordo que soña  con pertencer á Lexión Estranxeira. Xuntos para sempre na amizade, rouban un Audi cochambroso para marchar a correr mundo, pero recollen a unha moza autoestopista; agora  son tres, que é impar pero divide. Sabes esas moscas equivocadas de estación porque é inverno, e zumbando tozudas pousan onde non deben?

 

OLMO  OMERZU

Director, actor, guionista e fotógrafo nado en  1984 in Ljubljana, na antiga Iugoeslavia.

Iníciase na dirección coas curtametraxes Masky (2005), Láska  (2006), Druhé dejství (2008). Debuta na longametraxe co filme Prílis mladá noc (2012), pero é co seguínte,  Rodinny film (2015), co que se da a coñecer internacionalmente.
Este é o seu último traballo como director.

Data: 
Lun (17/06/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon XUNHO 2019.pdf123.9 KB