VUDÚ. SESIÓNS ANECOICAS. FESTIVAL SINSAL PRIMAVERA – (ESCOLA ENXEÑARÍA DE TELECOMUNICACIÓN)

Descripción: 

O Festival Sinsal Primavera Vigo fainos catro propostas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello: o proxecto de Tashi Wada Group con Julia Holter e Corey Fogel (14 abril), e o tributo de Dorian Wood a Chavela Vargas baixo o título “Xavela Lux Aeterna” (18 abril), aos que se suman dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coas bandas galegas Vudú (10 abril) e Eladio y los Seres Queridos (22 maio). O Festival Sinsal Primavera é un proxecto no que colabora o Concello de Vigo; tamén a Universidade de Vigo a través do centro de investigación Atlanttic. Un evento que en 2019 celebra o seu aniversario número dezasete. As entradas para os concertos do Auditorio do Concello teñen un prezo de 10 euros e saen a venda en ticketea As Sesións Anecoicas son de entrada libre; iso si, con inscrición previa debido ao limitado do aforo da cámara.

Vudú é unha proposta do dúo formado por Belém Tajes (voz e teclados), cantante ademais de Luar na Lubre desde 2017, e Maritxinha (baixo), ambas radicadas na Coruña. Mesturan sen pudor o soul e o folk, dando lugar ao que elas chaman, en clave de humor, soulk. Artistas que citan como fonte de inspiración? Marful, Carmen Rey, Xabier Díaz, Erykah Badu, Nik West, Stevie Wonder…Gañadoras do Premio Martín Códax da Música Galega 2017 na categoría Soul/ Funk/ Blues, Vudú publicou o seu último traballo, Vudú Vol. III, onde inclúen letras do cancioneiro tradicional galego con ritmos pop, percusións electrónicas e tintes jazz e soul.

Data: 
Mér (10/04/2019)
Horarios: 
Sesións ás 16:30 e 17:15 h
Lugar: 
Escola Enxeñaría de Telecomunicación (Campus Lagoas-Marcosende)
Organizador: 
Sinsalaudio, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
De balde. Capacidade limitada. Inscrición previa en info@sinsalaudio.org
AnexoTamaño
PDF icon cartel_sinsal_primavera_2019.pdf138.89 KB