VIII FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO

Descripción: 

O Festival Primavera do Cine, que conta cunha longa traxectoria na cidade de Vigo, é un evento internacional de cine galego e das áreas lusófonas. Actualmente, é o festival galego máis grande e importante do territorio que, ademais, aspira a ser a porta de entrada a lusofonía en Europa.

Na súa VIII edición, que terá lugar entre o 30 de abril e o 5 de maio, proxectaranse no Auditorio Municipal do Concello un total de 10 longametraxes e o Instituto Camões e no MARCO 34 curtametraxes. Os 19 videoclips seleccionados poderanse ver no Espacio Mahou do Mercado do Progreso 41.

Ademais, a programación do Primavera do Cine 2019 completarase con diversas actividades paralelas, a maioría delas de balde. Así, o cine ao aire libre chega aos barrios de Navia, o Casco Vello Alto e o Calvario onde se proxectarán varios filmes lusófonos; en Multicines Norte terá lugar Viva Cuba, unha retrospectiva cubana que coincide co 60º Aniversario da Revolución Cubana e no Auditorio do Concello de Vigo poderase gozar de eventos coma Proxecto Remolque ou Galegas de Cine.

Non hai que esquecer tampouco que o Primavera do Cine tamén busca dar unha maior visibilidade a bandas musicais de Galicia. Por iso todos os vigueses e viguesas poderán desfrutar do talento do grupo vigués Basanta cun concerto cheo de misterio e unha gran dose de rock psicodélico e tintes de pop, folk e indie.

Data: 
Mar (30/04/2019) a Dom (05/05/2019)
Lugar: 
Varios espazos (consultar programa)
Organizador: 
AC Reencanto Produccións, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Consultar programa