UN, DOUS, TRES, ESCONDITE INGLÉS – (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

A Universidade de Vigo organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura, a exposición "Un, dous, tres, escondite inglés. O xogo como transgresión na creación da moda", comisariada por Lola Dopico, e coa participación das deseñadoras Susana Fall, Xoana Medraño, Maria Lazara, Africa Abadín, Atusto Oda, Nerea Rodríguez, Zaira Margae, Paloma Malvar, Andrea Piñeiro e Miriam Cartagena.

As creacións presentes na mostra comparten compoñentes moi teenager, xa que o xogo non é algo reservado ao territorio da infancia; pola contra, está indisolublemente ligado ao conxunto da cultura humana. O xoguete aínda así non é un obxecto sen sombras, é capaz de espertar toda a imaxinación e especialmente impulsar incontables expectativas, pero tamén é o primeiro resorte capaz de frustralas á mesma velocidade que as esperta.

 

 

Data: 
Ven (31/05/2019) a Dom (21/07/2019)
Horarios: 
De luns a venres: De 18,00 a 21,00 h Sábados: De 12,00 a 14,00 h e de 18,00 a 21,00 h. Domingos e festivos.: De 12,00 a 14,00 h
Lugar: 
Casa Galega de Cultura
Organizador: 
Universidade de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon folleto_expo_escondite_ingles.pdf1.08 MB