Tyrannosaur (Redención)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Paddy Considine

Fotografía: Erik Wilson

Montaxe: Pia Di Ciaula

Música: Chris Baldwin e Dan Baker

FICHA ARTÍSTICA

Peter Mullan

Olivia Colman

Eddie Marsan

Paul Popplewell

Duración: 89 minutos

Reino Unido, 2011

Cor (V.O.S.C.)

-Premio BAFTA ao mellor guionista, director e productor, 2011

-Premio ao mellor director, no Festival Internacional de Cine de Sundance, 2011

SINOPSE

Un viúvo alcohólico e dominado pola violencia, atopa a esperanza da redención nunha traballadora da caridade cristiá. El, búrlase da fe e da súa idílica existencia até que se decata de que a vida da muller non é nada doada.

PADDY CONSIDINE

Director, actor e guionista nado en Burton Upon Trent, Reino Unido, no 1973. Sempre tivo un sentimento especial coas artes escénicas e a intuición de que remataría dedicándose profesionalmente á interpretación. En 1990 comeza a cursar unha diplomatura de arte dramática. Acto seguido cursou estudos de fotografía na Universidade de Brighton ao tempo que  facía as primeiras personaxes como actor ao lado do colega e do futuro cineasta Shane Meadows.  Foguéase no mundo da curtametraxe. A súa gran oportunidade foi no  2000 como actor na  longametraxe Last Resort,  da man de Pawel Pawilowski, e consolidou a súa posición na industria do cine británico grazas a 24 Hour Party People. Foi con En América, multipremiada cinta de Jim Sheridan cando se deu a coñecer internacionalmente. Dende entón vén   reivindicándose como secundario de luxo en  filmes como Cinderella Man, Bosque de sombras ou O ultimátum de Bourne, entre outras.

Este é o seu debut como realizador de longametraxes. Os seus últimos traballos son como actor en Girl on a Bicycle  e  Honour, aínda sen estrear.

Data: 
Lun (07/05/2012)
Horarios: 
20:30 ás 22:00 h
Lugar: 
Auditorio municipal del Ayuntamiento (Plaza del Rey 1, 36201 Vigo)
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas
Acceso: 
Cota anual soci@: 16€ Cota filme soci@: 4€ Bono Lumière 5 filmes: 14€ Cota filme colaborador@: 5€ PARAD@S, con carné: 4€