"TECIDOS E VESTIDOS NO LABORATORIO GRÁFICO" - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

O xoves 21 de xuño, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a mostra "Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico", organizada pola Universidade de Vigo coa colaboración da Concellería de Cultura, e comisariada pola profesora Lola Dopico.

Esta exposición e a súa estrutura argumental trata a renovada importancia do debuxo e da gráfica na linguaxe da moda contemporánea que emerxe dende os traballos destes novos creadores e creadoras. Presentes na escena actual, a súa produción preséntase expoñendo de xeito descritivo o idilio que mantén coa ilustración o territorio da moda.

Atopamos a través dos deseños destas creadoras, que comparten técnicas e linguaxe formal, variedades de precisión que podemos considerar como habituais ou propias do debuxo comercial ou industrial como os planos arquitectónicos, o debuxo científico, o ornamento e a decoración, e a ilustración tradicional e de moda.

Data: 
Xov (21/06/2018) a Dom (02/09/2018)
Horarios: 
(XOVES 21-06-18): 20 h - RESTO PERIODO EXPOSITIVO: de luns a sábados, de 18 h a 21 h; sábados, domingos e festivos, de 12 a 14 h
Lugar: 
Casa Galega da Cultura (praza da Princesa 2, 36202 Vigo)
Organizador: 
Universidade de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto