SOFIA – CINE CLUB LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guión: Meryem Benm’Barek

Fotografía: Hoang-Son Doan

Montaxe: Céline Perréard

Duración: 79 minutos.

Nacionalidade: Marrocos

Ano: 2018

V.O.S.C.

 

FICHA ARTISTICA

Maha Alemi

Lubna Azabal

Sarah Perles

 

2018: FESTIVAL DE CANNES -UN CERTAIN REGARD - MELLOR GUIÓN
2018: PREMIO MELLOR FILME, PREMIO TV5 MELLOR FILME E MELLOR ÓPERA PRIMA NO CARTHAGE FILM FESTIVAL
2018: PREMIO FIPRESCI AO MELLOR FILME NO THESSALONIKI FILM FESTIVAL
2018 LODZ:  PREMIO DO XURADO MOZO AO MELLOR FILME NO TRANSATLANTYK FESTIVAL

2019: PREMIO NOVAS VOCES/NOVAS VISIONS E GRAN PREMIO DO XURADO NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL

 

SINOPSE

Sofía ten vinte anos, vive cos seus pais en Casablanca. Agocha o seu embarazo e dá a luz de xeito ilegal e fóra do matrimonio. O hospital a urxe para que en vinte e catro horas presente os papeis do pai  antes de alertar as  autoridades.

 

MERYEM  BENM’BAREK

Directora, guionista, produtora, e actriz nada en 1984 en Rabat, Marrocos. Estuda Filoloxía Árabe no National Institute de Linguas Orientais en Paris. Máis tarde estuda Dirección no INSAS Film School en Bruxelas, onde dirixe varias curtametraxes: Nor (2013), Jennah (2014).

Tamén ten comisariado exposicións no Victoria and Albert Museum en Londres.

No 2017, a Fundación para Filmes Gan, que vén financiando con bolsas a cineastas que queren desenvolver os seus primeiros traballos, outórgalle unha á directora para rodar e distribuír este filme.

Este é a súa primeira longametraxe e o seu último traballo.

Data: 
Lun (06/05/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon MAIO 2019.pdf116.23 KB