"SISTEMAS DINÁMICOS" DE SAMUEL CASTRO - (FUNDACIÓN LAXEIRO-CASA DAS ARTES)

Descripción: 

O artista Samuel Castro (A Coruña, 1981) presenta Sistemas dinámicos na Fundación Laxeiro, a súa primeira exposición individual en Vigo, na que propón unha reflexión sobre as diferentes concepcións do Tempo, baseada na idea do cambio permanente ao que a arte non é allea.

Sistemas dinámicos é un percorrido polo traballo de Samuel Castro, que se desenvolve a partir de dous polos opostos como son a Natureza e a Tecnoloxía, entendidas como dous ámbitos con regras temporais propias. A noción de Tempo é o motor a partir do que Samuel Castro desenvolve todo o seu traballo que, en 2006 lle valeu o Premio Adquisición Feima – Fundación Laxeiro á creación artística e en 2011, o doutoramento coa tese titulada Proxectar no tempo. Morfoloxías biorreceptivas en superficies urbanas de Galicia.

Data: 
Ven (16/12/2016) a Dom (19/03/2017)
Horarios: 
APERTURA (venres 16 de decembro): 19:00 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: de luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h – Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Fundación Laxeiro (Casa das Artes, 3ª planta). R/ Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo
Organizador: 
Fundación Laxeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon Samuel_Castro_gal.pdf575.96 KB