"SÓ CONSTRUÍNDO A MIRADA HABITAREMOS A PAISAXE" - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

A exposición "Só construíndo a mirada habitaremos a paisaxe" está  comisariada por Carlos Puga Gómez e vencellada á programación da NOITE BRANCA 2018. Trátase de 12 autoras e autores galegos, de distintas xeracións, idades e experiencias, con preto de 100 obras, que xiran ao redor da construción da paisaxe como forma.

"Porque a paisaxe, que sempre é unha invención cultural do ser humano, unha creación social, é tamén o mapa que deixa da súa forma de ser. Sérvenos, polo tanto, de índice do tema que acontece. Senón pensemos na pegada da bota de Neil Armstrong, din que no chan da lúa". Xabier Fernández (Copias de Autor)



 

Data: 
Ven (10/08/2018) a Dom (16/09/2018)
Horarios: 
INAUGURACIÓN (10-08-18): 12:30 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h – Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das artes. Planta baixa (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto