Recomendacións xerais e peches de tráfico co gallo da Cabalgata de Reis 2012

29 de Decembro.-

O Xoves, 5 de Xaneiro, co gallo da Cabalgata de Reis 2012 adoptaranse unha serie de medidas en materia de seguridade e tráfico.

Ás 17.30h. terá lugar o acto da recepción das autoridades ás SSMM os Reis Magos na Porta do Sol. A Saída da comitiva da Cabalgata de Reis está prevista para as 18.30h. e percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral), Policarpo Sanz e Porta do Sol.

O remate está previsto na Porta do Sol. O desmonte da comitiva terá lugar no Paseo de Alfonso XII, rúa Romil e rúa Cachamuiña.

No documento adxunto “Programa Cabalgata 2012” pódese consultar a seguinte información:

-Percorrido e horarios
-Desviacións de tráfico
-Peches de tráfico
-Recomendacións xerais
-
Localización de postos de emergencia
-Zonas reservadas