A QUIETUDE – CINE CLUB LUMIERE – (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección: Pablo Trapero

Guión: Pablo Trapero e Alberto Rojas Apel

Música: Papamusic

Fotografía: Diego Dussuel

Duración: 117 minutos.

Nacionalidade: Arxentina

Ano: 2018

V.O.

 

FICHA ARTISTICA

Bérénice Bejo

Martina Gusman

Edgar Ramirez

Graciela Borges

 

SINOPSE

Dúas irmáns teñen un rencontro tras moito tempo separadas. Unha regresa polo fráxil estado de saúde do pai, e a outra, pretende que nada mude. Xunto á nai, as  tres estarán obrigadas a reconstruír o  pasado e a enfrentar os desafíos do presente

 

PABLO   TRAPERO

Director, produtor, actor, montador e guionista nado no 1971 en Bos Aires. É  un dos máximos expoñentes do novo cine arxentino que xurdiu a mediados dos anos noventa. Os seus filmes son de corte realista, case documentais, nos que retrata a xente normal en actividades cotiás e destacando as inxustizas da sociedade contemporánea. Estuda Dirección na Fundación Universidade do Cine (FUC), en Bos Aires. En 1996 crea, xunto a outros realizadores mozos, Cinematográfica Sargentina, a súa primeira compañía de produción. En 1999 debuta como director con Mundo grúa, coa que acada numerosos premios nos festivais de cine e dáse a coñecer internacionalmente.  En 2001 realiza a mediometraxe Naikor. Logo roda O Bonaerense (2002).
En 2002 funda Matanza Cine, unha nova compañía de produción de cine independente.

Entre a súa filmografía destacamos,  Familia rodante (2004), Nacido e criado (2006), Leonera (2008),  Carancho (2010), Elefante branco (2012), O Clan (2015). Rotterdam. I Love You (2019), aínda sen estrear é o seu último traballo.

Data: 
Lun (01/04/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
Ciclo: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon ABRIL 2019.pdf128.72 KB