PROXECTO ALMENARA-O MUSEO COMO AULA DE POESÍA EXPERIMENTAL - - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

 

O “Proxecto Almenara” é unha iniciativa que pretende achegar a poesía máis experimental aos cativos a través das diferentes dinámicas educativas que se desenvolverán dentro do contexto da exposición “Almenara”, unha selección de obras da colección “Rostros de Cuarzo” que o artista e pedagogo David Fernández Rivera escolleu en función do seu potencial didáctico.

 

Esta mostra nace das necesidades de complementar as experiencias vividas polo alumnado do “Proxecto Caligrama 2000”, unha dinámica de Rivera que trata de facer viaxar aos nenos e nenas do terceiro ciclo de educación primaria a través das entrañas dos distintos subxéneros da poesía experimental.

 

Independentemente do enfoque pedagóxico da selección artística, esta exposición busca ser de interese non só para o público infantil, senón tamén para o adulto.

 

Data: 
Ven (26/10/2018) a Mér (31/10/2018)
Horarios: 
De luns a venres .- De 18,00 a 21,00 h. Sábados.- De 12,00 a 14,00 h e de 18,00 a 21,00 h. Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h
Lugar: 
Casa Galega da Cultura
Organizador: 
Asociación Cultural David Fernández Rivera, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto