PROGRAMACIÓN DO MUSEO LISTE-ETNOGRÁFICO DE VIGO PARA O 4º TRIMESTRE – (MUSEO LISTE-ETNOGRÁFICO DE VIGO)

Descripción: 

O Museo Liste-Etnográfico de Vigo, xestionado pola Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura, presenta a súa programación para o derradeiro trimestre do ano, que contará coa exposición permanente, exposicións temporais, actividades complementarias e especiais de Nadal, talleres de coñecemento e xornadas para a comunicación.

Ademais, ofértase o CAT-Itinerante que inclúe demostracións prácticas de cestería tradicional en institucións que o soliciten.

Máis información no programa que se achega.

Data: 
Lun (01/10/2018) a Lun (31/12/2018)
Horarios: 
Martes a sábado: 10:00 h a 14:00 h – Mércores: 10:00 h a 14:00 h e 17:00 h a 19:00 h
Lugar: 
Museo Liste-etnográfico de Vigo (r/ Pastora 22, 36210 Vigo)
Organizador: 
Fundación Liste coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Xeral: 2€ - Reducidos: 1€ (-12 anos,3ª idade,parados,estudantes e grupos máis de 10 persoas) – Gratuíto: menores 6 anos, centros ensino e asociacións 3ª idade do Concello de Vigo; exposicións temporais que así o indiquen