Programación da Biblioteca Neira Vilas para segundo trimestre de 2017

A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" (r/ Martínez Garrido, 21) presenta a súa programación para o segundo trimestre de 2017, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as xa habituais como "A hora dos contos", "Contos Dakí" ou "Entre arrolos e contiños", ademais do club de lectura.

Compleméntase con actividades mensuais como os obradoiros, as mostras bibliográficas ou a celebración do Día do Libro (23 de abril) ou o Día das Letras Galegas (17 de maio).