As probas para a orquestra de Xovigo terán lugar os días 28 e 29 de decembro no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo

23 de decembro de 2010-
Os vindeiros días 28 e 29 de decembro, de 10 a 22 horas terán lugar as probas de selección para participar na Orquestra Xovigo no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Tanto o proxecto do coro como da orquestra xuvenil Xovigo é unha iniciativa da Asociación Galega de Música Atlantic Musik, coa colaboración da Tenencia de Alcaldía.
A día de hoxe hai xa 112 persoas inscritas, un feito único para unha orquestra de nova creación, na que se podían inscribir rapaces e rapazas de entre 14 e 25 anos de toda Galicia e que contará con profesorado de ámbito internacional como Krzystof Chorzelski, que tamén participa no proxecto.
Máis info: 682148881 (en horario de 17 a 19 horas) e asociacionatlanticmusik@gmail.
com