Presentado o libro "Laxeiro, os escritos de Don Ramiro"

19 de abril de 2011-
O pasado día 18 de abril ás 19.30 h. Tivo lugar a presentación do libro “Laxeiro. Os escritos de Don Ramiro” que contou coa participación de Xosé Manuel Figeroa, Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Eudosio Álvarez, concelleiro de Patrimonio, en representación do Presidente da Fundación Laxeiro, Xesús López Carreira, Marcela Santorum, colaboradora do Faro da Culrtura, Carlos García
Suárez, Director Xeral da Fundación Laxeiro e Javier Pérez Buján, Director Artístico da Fundación Laxeiro e editor do libro.

Iniciou a presentación Eudosio Álvarez, quen contou unha anédcota persoal con Laxeiro e felicitou á Fundación por esta iniciativa. Seguiu Marcela Santorum que fixo unha intervención falando dos aspectos do libro que conectaban á perfección co momento cultural actual; Javier Pérez Buján resaltou o labor de investigación levado a cabo durante seis meses de traballo, no que descubriu un Laxeiro moito máis complexo que o personaxe público máis coñecido e recoñeceu o labor do equipo investigador, formado por Paula García Suárez e Anxos Sumai. Pechou o acto José Manuel Figueroa, quen se enorgulleceu de ter patrocinado desde a Deputación de Pontevedra o proxecto e se brindou a colaborar coa Fundación Laxeiro en proxectos vindeiros.