Presentación do programa anual de teatro "VIGO A ESCENA 2010"

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou a programación correspondente ao Vigo a Escena 2010, que nesta nova edición inclúe 98 representacións de 23 compañías teatrais. Ademais, na presentación, o edil salientou que este ano se integra de forma paralela o circuíto de compañías profesionais e o de compañías
afeccionadas, respondendo así ás demandas do ámbito teatral.