Presentación de “Facer e deixar de facer” e “Os pasos perdidos”

07 de outubro de 2010-
Dentro da liña de colaboración existente entre a Fundación Laxeiro e
a Universidade de Vigo, o próximo mércores 13 de outubro ás 12:00 terá lugar na sede da Fundación a presentación de dúas publicacións, consistentes nos catálogos titulados “Facer e deixar de facer” e “Os pasos perdidos”. Ambas publicacións corresponden a dúas exposicións do mesmo nome, programadas na Fundación Laxeiro, co financiamento da Universidade de Vigo. No acto tamén se materializará a doazón da obra titulada “Palé restaurado” do artista Eduardo Outeiro (A Coruña, 1981).