Premiados/as no XXIII Maratón Fotográfico

Hai uns intres, durante o acto de inauguración da exposición no espazo anexo do Marco, déronse a coñecer as persoas gañadoras dos premios estipulados nas bases do "XXIII Maratón Fotográfico", que tivo lugar os días 29 e 30 de setembro pasados.

 

Nesta ocasión foron un total de 100 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: Calma, Múltiple, Resistencia, Inesquecible.

 

O xurado, presidido polo concelleiro-delegado da Área de Cultura, Jaime Aneiros Pereira, estivo composto por:

  • Jorge Lens, fotógrafo
  • Anxo Cabada, fotógrafo
  • Sara Miranda, fotógrafa
  • Puri Díaz, publicista e deseñadora
Os premios concedidos por unanimidade ás series fotográficas foron os seguintes:
  • Primeiro premio, dotado con 1.000 €: Jaime Rebollo Muñiz
  • Segundo premio, dotado con 500 €: María Isabel Santos Martínez
  • Terceiro premio, dotado con 300 €:  Jose Roberto Alarcón López

Na sala do vestíbulo principal, unha Retrospectiva 2013-2017, con selección de imaxes das series gañadoras nas cinco últimas edicións, que conforman unha mistura de temas, interpretacións, estilos e modos de transmitir a través da fotografía.

 

A Agrupación Fotográfica Galega, fundada en 1946 e aberta a todos os amantes da fotografía e do cine, foi pioneira en Galicia e veu desenvolvendo dende entón un importante labor, con actividades de formación e divulgación como cursos de fotografía ou faladoiros sobre foto e cine.

 

Foi en 1995 cando a AFG organizou o seu primeiro Maratón Fotográfico ‘Concello de Vigo’, que daquela se incluía dentro do programa de festas. Dende entón, o Maratón nunca deixou de celebrarse, se ben cambiou varias veces de espazo de exposición, evolucionou no seu formato e duración, e adaptouse aos cambios derivados dos avances técnicos e da fotografía dixital. Hoxe en día, aberto á participación de calquera persoa interesada e afeccionada á fotografía, o certame articúlase en torno a catro eixos: 24 horas de duración, 4 temas, 20/25 series seleccionadas, e 3 series gañadoras.