PLASTIC - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: Paula Quintas – Cía Traspediante

Xénero: danza contemporánea

Autoría e dirección: Rut Balbís

Escenografía e deseño iluminación: Afonso Castro

Deseño de son, música e coreografía: Rut Balbís e Paula Quintas

Vestiario: Fany Ballo

Elenco artístico: Paula Quintas

 

O corpo como contedor. Como se dunha Barbie se tratara, que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior: reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle dá ao de fóra e non ao de dentro.

O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen.

Ocultámonos nun corpo transformando a demanda do momento social que nos toca vivir. Un corpo onde se almacenan, gardan e esquecen os momentos vitais, un contedor que modela e transforma o seu físico para non transparentar o contido-emocións que o enche. “Partindo do corpo como contedor, como se dunha Barbie se tratara, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o baleirado”.

Data: 
Sáb (27/04/2019)
Horarios: 
21:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
8 €