Peche provisional da Biblioteca Juan Compañel o sábado 15 de abril

Infórmase que a Biblioteca Pública Juan Compañel (r/ Joaquín Yáñez, 6) permanecerá pechada, por motivos de seguridade, o sábado 15 de abril, debido aos labores de desratización, desinfección e desinsectación, levados a cabo pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O luns 17 de abril a biblioteca xa funcionará nos seus horarios habituais.