PAZO DE CASTRELOS (MUSEO MUNICIPAL "QUIÑONES DE LEÓN")

Descripción: 

Está considerado un dos exemplos máis senlleiros de pazo galego. Edificado en 1670 foi obxecto de varias reformas nos séculos XIX e XX que á par de embelecelo transformárono en casa-museo visitable. Un percorrido polas súas estancias, cunha atractiva selección de obras de arte e obxectos decorativos, permite evocar o ambiente aristocrático da mansión a primeiros do século XX, en época dos seus últimos residentes, os Marqueses de Mos e Valladares.

Data: 
Mér (08/02/2017) a Dom (31/12/2017)
Horarios: 
De martes a venres: 10:00 h a 14:00 h – Sábados: 17:00 h a 20:00 h - Domingos e festivos: 11:00 h a 14:00 h – Luns pechado (incluídos festivos)
Lugar: 
Museo “Quiñones de León” de Castrelos (parque de Castrelos s/n, 36213 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto