OUAGA GIRLS DE THERESA TRAORÉ DAHLBERG – CINE CLUB LUMIERE (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Dirección e guion: Theresa Traoré Dahlberg

Fotografía: Iga Mikler e Sophie Winquist

Montaxe: Alexandra Strauss e Margareta Lagerqvist

Duración: 85 minutos.

Nacionalidade: Burkina Faso/Francia/Suiza

Ano: 2017

V.O.S.C.

 

PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL DO XURADO MOZO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BELDOCS,  SERBIA, 2018
PREMIO ESPOIR. FESTIVAL FILMINISTES – CANADÁ, 2018
PREMIO CREDIF. CARTHAGE FILM FESTIVAL – TÚNEZ, 2017
PREMIO ESTOCOLMO DA REVISTA NÖJESGUIDEN – SUECIA, 2017

 

SINOPSE

Na capital de Burkina Faso, Uagadugú, un grupo de mozas estudan nunha escola para converterse en mecánicas de coches. Nun país cun paro xuvenil do 52% e un triste pasado, atopar traballo é unha das grandes preocupacións da mocidade.  O filme é unha poética descrición do que significa ser unha muller moza hoxe en Burkina Faso.

 

THERESA  TRAORÉ  DAHLBERG

Directora, guionista e produtora nada en 1983. Criada entre a illa sueca de Öland  e Burkina Faso. Tras uns anos en Nova York traballando como asistente de directores, produción e fotógrafos, estuda produción cinematográfica na New School de Nova York, e despois na Academia de Artes Dramáticas de Estocolmo, onde vive actualmente. A curtametraxe de graduación, Taxi Sister, que segue á taxista Boury en Dakar, acadou eloxios internacionais e ten sido proxectada en festivais de todo o mundo. Durante os últimos anos ten dirixido e producido diversos proxectos entre os que destaca unha serie para a televisión pública de Suecia,  Two Travelling. Tamén proxectos a medio camiño entre o cine, a arte e o documental a nivel internacional. Actualmente cursa o Máster de Belas Artes no The Royal Institute of Art de Suecia.

Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.

Data: 
Lun (11/02/2019)
Horarios: 
20:20 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Cine Clube Lumiere, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Cota anual soci@: 18 euros Cota filme soci@: 4 euros Bono Lumière 5 filmes: 15 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 5 euros PARAD@S, con carné: 4 euros
AnexoTamaño
PDF icon FEBREIRO 2019.pdf108.78 KB