"OS MONOS DE LAXEIRO. OBRA HUMORÍSTICA NA PRENSA"- (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

A Fundación Laxeiro presenta unha exposición na que, por primeira vez se poden ver todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto nos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930. A exposición é un acontecemento cultural de primeira orde, xa que nunca antes se vira este interesante traballo de Laxeiro na súa totalidade. Co gallo da exposición, a editorial Laiovento, publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas (corenta e nove) acompañadas ademais con textos asinados por Manuel Igrexas, Félix Caballero e Javier Pérez Buján.

Data: 
Ven (22/06/2018) a Dom (16/09/2018)
Horarios: 
(VENRES 22-06-18): 19 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: Luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h – Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h
Lugar: 
Casa das Artes. 3º andar (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)
Organizador: 
Fundación Laxeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto