OS FABULOSOS CLEANERS. - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: Malasombra Producións

Xénero: teatro

Autoría: Luis Beviá e Xoque Carbajal

Dirección: Marcos Orsi e Xoque Carbajal

Escenografía e deseño iluminación: Xoque Carbajal

Deseño de son: Luis Beviá, Carlos Mosquera e Marcos Orsi

Vestiario: Carlos Alonso

Elenco artístico: Xoque Carbajal e Jouse García

 

Os fabulosos Cleaners é un espectáculo de pompas de xabón para todos os públicos. Unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

Data: 
Dom (24/03/2019)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €