ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO- CONCERTO CLÁSICO: PURCELL+VIVALDI+HAYDN - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

Hai 35 anos, a Orquesta Clásica de Vigo comezou os seus ensaios interpretando a suite da esposa virtuosa, de Purcell. Unha peza interpretada por un grupo de estudantes do Conservatorio de Vigo baixo a batuta de Manuel Martínez Álvarez-Nava, que sería o xérmolo desta aventura sonora da que hoxe celebramos o seu aniversario.

 

Por este motivo, no mes de abril a OCV realiza un programa que orbita entre o barroco e o clásico, empregando como nexo común a presenza baixo continuo. Nel viaxaremos ao universo de Purcell, Vivaldi e ao do primeiro Haydn cunha proposta orquestral clásica, a mesma que tiña a OCV aos seus comezos.

 

Programa:

The Fairy Queen (Suite), de Henry Purcell (A raíña das fadas)

Concerto para óboe en re menor, op. 8 n.º 9, Antonio Vivaldi

Sinfonía n.º 45 en fa sostido menor, Franz Joseph Haydn

 

Solista: David Garrido Caneiro

Director: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en www.ataquilla.com

Data: 
Sáb (06/04/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Orquesta Clásica de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
No servizo de Ataquilla