ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO- ÁS DÚAS BEIRAS: POULENC+GERSHWIN - (TEATRO AFUNDACIÓN)

Descripción: 

En maio, a OCV regresa ao século XX cun programa no que presentará a obra de dous compositores coetáneos que vivían e realizaban o seu traballo de modo paralelo a ambas beiras do Atlántico. Estamos a falar de Francis Poulenc, destacado membro do grupo parisiense de Os Seis, e George Gershwin, que vivía nesa Nova York en crecemento que axiña sería o centro do mundo.

Un programa que mostra dúas vidas independentes que transcorren dun xeito paralelo, cun resultado sonoro que combina en ambos casos a innovación coa pesquisa  das melodías e sons máis fermosos.

 

Programa:

Concerto para dous pianos en re menor, Francis Poulenc
Cuban Overture, George Gershwin (Abertura cubana)
Porgy and Bess (Suite), George Gershwin (Porgy e Bess)

 

Solistas: Severino Ortiz Rey e María del Mar Blanco Moreno

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas en www.ataquilla.com

Data: 
Sáb (04/05/2019)
Horarios: 
20:30 h
Lugar: 
Teatro Afundación
Organizador: 
Orquesta Clásica de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
No servizo de Ataquilla