"OCEANOTECA. NOITE EUROPEA DOS INVESTIGADORES COV"- (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

O Centro Oceanográfico de Vigo (COV) organiza a actividade Oceanoteca, con motivo da Noite Europea dos investigadores, que terá lugar na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2), o venres 28 de setembro.

Entre as 17:00 e as 23:00 h organizaranse actividades dirixidas a todo o público, con entrada libre até completar o aforamento dos espazos, en concreto obradoiros, mesas redondas e zona interactiva.

A primeira mesa redonda terá lugar no salón de actos ás 18:00 h e versará sobre diferentes itinerarios profesionais que teñen cabida nun centro de investigación, dirixida fundamentalmente a estudiantes de ESO, Bachillerato e grados. A segunda, ás 20:30 h, abordará temas de actualidade con posibilidade de debate.

A zona interactiva, instalada na sala de exposicións, proxectará un vídeo sobre o COV en formato de 360º no que se dará a coñecer o traballo que se desenvolve no centro.

En canto aos obradoiros, estableceranse cinco na sala de exposicións tanto para público infantil como público en xeral. A temática estará relacionada coas tres áreas de investigación do Instituto Español de Oceanografía: Acuicultura, Pesquerías e Medio marino e protección ambiental.

Data: 
Ven (28/09/2018)
Horarios: 
De 17:00 a 23:00 h
Lugar: 
Casa Galega da Cultura. Salón de actos e sala de exposicións (praza da Princesa 2, 36202 Vigo)
Organizador: 
Centro Oceanográfico de Vigo-COV, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Libe até completar aforamento