OBRADOIRO "A ARTE DO SEXO: SEXUALIDADE, CREACIÓN E XÉNERO" – (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

Que é o sexo? Como se xera e reproduce este  paradigma desde o que experimentamos a nosa sexualidade? Nunca antes houbo tanto sexo por todas partes e aínda así... canta violencia, explotación, dor, frustración, exclusión... están a latexar baixo toda esta aparente liberdade e normalización? Poderiamos estar ante a mesma ditadura xénero tradicional investida de modernidade?

Estas e outras cuestións similares tentarán ser respondidas ao longo deste obradoiro que se presenta como un encontro entre persoas vinculadas á creación ou interesadas na arte e/ou a sexualidade para chegar a unha reformulación do concepto de sexualidade.



INSCRICIÓN: en "https://bubela.uvigo.es/curso/3139", por estricta orden de inscrición até un máximo de 25 persoas.

Data: 
Lun (13/11/2017) a Mér (15/11/2017)
Horarios: 
De 18:15 a 20:45 h
Lugar: 
Fundación Laxeiro - Casa das Artes. 3º andar (rúa Policarpo Sanz, 36202 Vigo)
Organizador: 
Fundación Laxeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
INSCRICIÓN: en "https://bubela.uvigo.es/curso/3139", por estricta orden de inscrición até un máximo de 25 persoas