O Verbum regala libros no día 23 de abril

Para conmemorar o Día do Libro, o museo Verbum - Casa das Palabras regala durante o día 23 de abril unha selección dos seus libros e publicacións.

Haberá preparada unha selección de volumes para todos os públicos. Calquera persoa interesada pode achegarse en horario de 10 a 19 horas e escoller o seu libro preferido.