O proxecto musical Xovigo traslada ao día 22 de novembro as probas de selección para participar no seu coro

12 de novembro de 2010-
O proxecto musical Xovigo traslada ao día 22 de novembro, no Auditorio Municipal, as probas de selección para participar no seu coro.
Por outra banda, as probas para participar na orquestra mantéñense nos días 28 e 29 de decembro no Círculo Mercantil.
O proxecto, impulsado pola Tenencia de Alcaldía e a Asociación Galega da Música está dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos.
Para participar en calquera das dúas modalidades do proxecto as inscricións poden realizarse por correo electrónico ao enderezo asociacionatlanticmusik@gmail.com. É preciso aportar o nome completo, a modalidade na que se quere anotar
e no caso de querer formar parte da orquestra hai que indicar o instrumento e o centro no que se realizan os estudos musicais, así como outros datos persoais como a idade, o NIF, o enderezo, o código postal, o teléfono e o enderezo electrónico.