O Festival de Jazz de Vigo oferta 19 formacións de grande calidade do 29 de xuño ao 4 de xullo

O Festival de Jazz de Vigo, organizado pola Concellería de Cultura baixo a dirección artística de Yago Vázquez e Felipe Villar, contará con 19 formacións e solistas internacionais, nacionais e galegos, que actuarán do 29 de xuño ao 4 de xullo en diversos espazos da cidade: Auditorio Municipal do Concello, Casa das Artes, Auditorio "Martín Códax" do CSM ou lugares ao aire libre como a rúa Londres ou a Praza da Princesa.

As entradas para os concertos de pagamento no Auditorio Municipal do Concello poden adquirirse dende mañán martes, día 19 de xuño  e sen gastos de xestión, a través da páxina web de Ticketea (www.ticketea.com), no teléfono 902.044.226, en Discos Elepé (r/ Doutor Cadaval, 35), ou ben o mesmo día do espectáculo, a partir dunha hora antes do comezo, no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles).