O día 1 de outubro dará comezo a programación do Auditorio Municipal

27 de setembro de 2010-
O próximo venres 1 de outubro dará comezo a programación do renovado Auditorio Municipal. Unha programación que inclue obras e actuacións para pequenos e maiores que terán lugar todas as semanas, e que se inaugura coa
obra “El título de este espectáculo no es mi madre”, ás 21:00h. No mesmo fin de semana, o domingo 3, ás 18:00h, poderemos gozar dunha función para nenos: “El flautista mágico”.