"O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 55 ANOS DE HISTORIA" - (CASA GALEGA DA CULTURA)

Descripción: 

A Fundación Penzol organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura, a exposición "O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia. Unha ollada desde a Casa Galega da Cultura".

O Día das Letras Galegas tense convertido na principal celebración da cultura galega. Desde que no ano 1963 a Real Academia Galega instituiu esta festa, a proposta dos académicos Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, foron moitas as figuras da nosa literatura celebradas cada 17 de maio.

Ao cumprírense 55 anos daquela primeira efeméride, a Fundación Penzol proponse levar a cabo unha exposición na que se mostren documentos dos seus fondos relacionados con tan importante e significativa data, destacando entre eles a cartelería alusiva ao Día das Letras Galegas, desde 1963, o primeiro dos anos da celebración.

Data: 
Xov (26/04/2018) a Dom (03/06/2018)
Horarios: 
(XOVES 26-04-18): 13 h - RESTO PERIODO EXPOSITIVO: de luns a sábados, de 18 h a 21 h; sábados, domingos e festivos, de 12 a 14 h
Lugar: 
Casa Galega da Cultura (praza da Princesa 2, 36202 Vigo)
Organizador: 
Fundación Penzol, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto