O Auditorio Municipal acolle o concerto do alumnado do Conservatorio Profesional de Música

A Concellería de Cultura colabora unha vez máis co Conservatorio Profesional de Música de Vigo no concerto que terá lugar o mércores 18 de abril, ás 20:00 h, no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1). O concerto correrá a cargo do alumnado do centro, con actuacións de guitarra, frauta, trío de metais, cuarto de cordas, cuarteto de metais, quinteto de cordas e conxunto de clarinetes. A entrada será libre até completar aforamento.

O concerto enmárcase dentro da liña de colaboración establecida entre a citada concellería e os conservatorios da cidade dende hai varios anos, co obxecto de ofrecer o espazo do auditorio para que o alumnado e/ou profesorado dos centros poidan amosar os seus traballos.