Nova edición do festival da música e das artes "Nas Ondas"

A Concellería de Cultura colabora un ano máis co Conservatorio Superior de Música de Vigo para organizar o Festival da música e das artes "Nas Ondas", que se extenderá ata o 22 de xuño, con distintos ciclos de programación de concertos e actividades. O certame terá como espazo principal o Auditorio "Martín Códax" e dependencias do CSMVigo, pero tamén se trasladará puntualmente a outros lugares da cidade, como o Auditorio Municipal do Concello ou o salón de actos do MARCO, entre outros.
 
O festival integra a presenza de numerosos docentes internacionais a través do programa Erasmus+. Trátase en definitiva dun programa transversal que trata de dar conta da multiplicidade das accións desenvolvidas dende o CSMVigo a prol dunha acción formativa, pero tamén social e cultural, comprometida coa cidade e máis alá.
 
"Nas Ondas" concentra unha programación que se organiza nunha serie de ciclos: comezou coa Semana da Música Antiga, a cal rematará o vindeiro 27 de marzo ás 20:00 horas co II Combatimento, Orquesta Barroca do CSMVigo e Convidados Erasmus+. Nos meses sucesivos os ciclos que o conforman serán: De Piano, Explurart, Letras Galegas e Abrente, destacando as actuacións da Orquesta Sinfónica do CSMVigo (4 de abril) e o Concerto Extraordinario fin de Trimestre (12 de abril).

A través do programa Abrente, que se desenvolve en paralelo aos ciclos do festival, o CSMVigo establece colaboracións con outros centros e institucións, e intenta achegarse tanto a públicos especializados na música, como á cidadanía en xeral.