
Nunha zona destacada da biblioteca, exporase unha escolma da bibliografía máis destacada do noso fondo relacionado co mundo da cociña.
Estas obras estarán a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala.
Esta mostra completarase con dúas actividades, unha para nenos/as o sábado 28 de xaneiro e outra para adultos/as o sábado 25 de febreiro, ambas ás 12,00 horas.