Máis de 300 bailaríns dunha vintena de escolas da cidade participan este sábado no encontro "Vigo Danza"

A Concellería de Cultura organiza VIGO DANZA 2018 que terá lugar o sábado 12 de maio, ás 12:00 h, no Auditorio "Mar de Vigo", coa participación de 21 escolas de baile e danza da cidade e máis de 300 bailaríns.

O evento aúna os diferentes estilos de danza: desde a clásica á contemporánea, pasando polo hip hop, a tradicional galega, os bailes de salón ou o break dance, entre outros moitos.

A entrada será gratuíta mediante invitación, que poderá retirarse no despacho de billetes do recinto dende as 10:00 h, cun máximo de dúas por persoa. A entrada de público será a partir das 11:30 h.