LETRAS GALEGAS-FESTIVAL NAS ONDAS 2019 – (AUDITORIO “MARTIN CODAX” E XARDÍNS DO CSMVIGO)

Descripción: 

A Concellería de Cultura colabora un ano máis co Conservatorio Superior de Música de Vigo para organizar o Festival da música e das artes "Nas Ondas", que se extenderá ata o 22 de xuño, con distintos ciclos de programación de concertos e actividades. O certame terá como espazo principal o Auditorio "Martín Códax" e dependencias do CSMVigo, pero tamén se trasladará puntualmente a outros lugares da cidade, como o Auditorio Municipal do Concello ou o salón de actos do MARCO, entre outros.

O festival integra a presenza de numerosos docentes internacionais a través do programa Erasmus+. Trátase en definitiva dun programa transversal que trata de dar conta da multiplicidade das accións desenvolvidas dende o CSMVigo a prol dunha acción formativa, pero tamén social e cultural, comprometida coa cidade e máis alá.

 "Nas Ondas" concentra unha programación que se organiza nunha serie de ciclos, neste caso "LETRAS GALEGAS" que terá lugar os días 14 de maio nos xardíns do CSMVigo ás 12:00 h, e o 15 e 16 de maio no seu Auditorio "Martín Codax" ás 20:30 h.

Data: 
Mar (14/05/2019) a Xov (16/05/2019)
Lugar: 
Auditorio "Martín Codax" e xardíns do CSMVigo
Organizador: 
Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Libre até completar aforamento