Inauguración da exposición “Work No. 247 Half the air in a given space”

O artista británico MARTIN CREED (Wakefield, Reino Unido, 1968) presenta un proxecto que se enmarca no formato de novas
producións realizadas especificamente para o MARCO, e que supón a súa primeira exposición individual en España. Recoñecido como un dos artistas máis interesantes da súa xeración, e gañador do Turner Prize en 2001, combina a súa faceta de artista co seu grupo de música, formado en 1994.

O venres 6 de maio, ás 21.00, durante a xornada inaugural, terá lugar a actuación de "Martin Creed and his band" no salón de actos.