Inauguración da exposición “Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística”

27 de
abril de 2011-
O vindeiro venres 29 de abril ás 20 horas terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras a inauguración da mostra “Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística”.
“Vigo, cidade Babel” é máis que unha mostra, é a posta en marcha dun novo proxecto co que dar un renovado pulo ao Verbum, chamado a se converter nun espazo de interacción coas linguas. O Verbum da diversidade lingüística será unha institución responsable coa época que nos toca vivir, unha época na que centos e centos de linguas están a morrer e na que o horizonte do idioma galego tamén se ve comprometido.