HÁBITAT" DE EDMUNDO PAZ - (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

A Casa das Artes acolle a exposición "Hábitat" do artista Edmundo Paz. Existe unha paisaxe en rotación sempre múltiple e diverso. Existe unha paisaxe cromática que planea libre campo a través. Existe unha paisaxe oceánica, unha paisaxe trala paisaxe, unha paisaxe paseante por periferias, unha paisaxe de ficcións, unha paisaxe sen título, unha paisaxe indefinida, unha paisaxe entre liñas.

"Hábitat" é un sentimento de estar aí e seguir aí dando voltas e voltas á paisaxe, sempre a mesma e  sempre cambiante, a paisaxe vital e nós con ela porque formamos parte dela como un gran corpo, como un gran ser que é a Pintura.

Data: 
Xov (26/04/2018) a Dom (27/05/2018)
Horarios: 
(XOVES 26-04-18): 20 h – RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: Luns a sábado: de 18 a 21 h – Sábados, domingos e festivos: de 12 a 14 h
Lugar: 
Casa das Artes. Planta primeira (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto
AnexoTamaño
PDF icon folleto_expo_edmundo_paz.pdf895.17 KB