A Fundación Penzol súmase á conmemoración do "Día de Rosalía"

O venres 24 de febreiro cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, no que Galicia conmemora o Día de Rosalía para recoñecemento e ensalzamento de quen se convertiu nun dos signos máis importantes da nosa identidade.

A Fundación Penzol incorpórase a esta celebración expoñendo algúns documentos e publicacións existentes nos seus fondos, na entrada de acceso á Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2). Esta mostra poderá ser visitada polo público, de luns a venres, 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 19:30 h. Ademais, ás 11:00 h, 12:00 h, 18:00 h e 19:00 h, explicaranse os contidos e pormenores do material exposto ás persoas presentes.

O material que se expón é o seguinte:

- Folla manuscrita de Rosalía con recolleita de cantares populares galegos.

- Correspondencia que dá conta de que aínda vive María Josefa Martínez Viojo, tía de Rosalía que a coidou de pequena en Ortoño:

     . Carta de Lois Tobío Campos a Rosalía de Castro.

     . Carta de Rosalía de Castro a Lois Tobío Campos.

     . Carta de Alejandra Murguía a Lois Tobío Castro.

- Libro “Cantares Gallegos”. Primeira edición do ano 1863 e outras posteriores.

- Libro “Follas Novas”. Primeira edición feita polo vigués Alejandro Chao en La Habana e outras edicións posteriores.

- Libro “Poesies Gallègues”. Tradución ao catalán dun extracto de Cantares Gallegos. Edición do ano 1917.

- Libro da tradución ao xaponés de “Cantares Gallegos”. Editado o ano 2009.