FACENDO O INDIO - (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

Descripción: 

FICHA TÉCNICA

Compañía: Galitoon

Xénero: teatro xestual

Autoría e dirección: Chisco Casteleiro

Escenografía e vestiario: Galitoon

Deseño de son e iluminación: Javier Vega

Música: Tony Torres

Coreografía: Ana Conca Elenco artístico: Jonatan García e Rubén Mira

 

Este espectáculo conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos tras xeracións, desde a visión de: “Todo o que non deberías facer se es un indio americano...”.

Un repaso á cultura das tribos de indios americanos, na que a nosa tribo dos “pesgrandes” intentan non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos!

Un espectáculo no que, os protagonistas, coa axuda do público se verán realizando accións cotiás, do xeito máis inverosímil..., o que nos levará a tolas e divertidas situacións cheas de risos, accidentes e moi malas decisións.

Galitoon recupera con Facendo o indio a súa particular visión do teatro de humor xestual, con esta tola e divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa co público, e por suposto, o seu característico selo dos monicreques e distintas performances nas súas propostas de teatro familiar.

Data: 
Dom (10/02/2019)
Horarios: 
18:00 h
Lugar: 
Auditorio Municipal do Concello
Organizador: 
Concellería de Cultura
Acceso: 
5 €