FAÍLDE, ANATOMÍA DA PEDRA – (CASA DAS ARTES)

Descripción: 

A Fundación Laxeiro trae a Vigo a exposición do único escultor pertencente ao grupo de Os novos e o único escultor que participou con Laxeiro, Carlos Maside, Isaac Díaz Pardo, Julia Minguillón, Manuel Pesqueira e Manuel Prego de Oliver na exposición titulada Artistas Gallegos, na galería Velázquez de Bos Aires, en 1951, organizada polo Centro Gallego de Bos Aires.

A Fundación Laxeiro súmase ás actividades programadas con motivo do Ano Faílde, promovidas polo concello de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia, unha iniciativa que reivindica a figura e a obra de Antonio Faílde (Ourense, 1907-1979), nesta ocasión, dende un enfoque concreto, como é o do seu traballo en pedra máis persoal, formado por unha selección de obras realizadas por iniciativa propia do autor, sen formaren parte de encargas de terceiros, polo que o que se pretende con esta exposición, é achegar ao público a faceta máis persoal do proceso creativo do artista.

O testemuño e a total colaboración do seu fillo Miguel Ángel Faílde, falecido recentemente, e a conservación e custodia que este exerceu sobre estas obras, resultou ser un factor decisivo na concreción da exposición. Dende a Fundación Laxeiro queren recoñecer e agradecer este labor e ademais, facer público o  pesar pola súa recente desaparición.

Data: 
Xov (04/07/2019) a Dom (29/09/2019)
Horarios: 
Inaguración o xoves 4 de xullo ás 20:00 h Luns a venres: de 18 h a 21 h Sábados: de 12 h a 14 h e de 18 h a 21 h Domingos e festivos: de 12 h a 14 h
Lugar: 
Fundación Laxeiro. Casa das Artes. Planta terceira
Organizador: 
Fundación Laxeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura
Acceso: 
Gratuíto